martes, 17 de marzo de 2009

O feudalismo



O que máis se pode destacar desta época é o feudalismo, que surde entre o século X e XIII; é un sistema socioeconómico e político. A nobreza e o clero posuían grandes extensións de terreo para a agricultura. Os señores feudais eran os que dominaban os campesiños que son os que traballaban as grandes extensións de terreo chamadas feudos.
Nesta época a economía xiraba en torno o feudo; os servos cultivaban as terras e a cambio dabanlle a maior parte da colleita o señor.
As cidades chamabanselle burgos e especializáronse no comercio e a artesanía. Os artesáns organizábanse en gremios.
A sociedade estaba dividida en grupos:
-Rei
-Nobreza e clero
-campesiños,artesáns e comerciantes.

Na I.M. un nobre podía xurar filedidade a outro con máis poder.
A Idade Media na Europa cristiá caracterízase por unha forte relixiosidade.

No hay comentarios:

Publicar un comentario