martes, 17 de marzo de 2009

O feudalismo



O que máis se pode destacar desta época é o feudalismo, que surde entre o século X e XIII; é un sistema socioeconómico e político. A nobreza e o clero posuían grandes extensións de terreo para a agricultura. Os señores feudais eran os que dominaban os campesiños que son os que traballaban as grandes extensións de terreo chamadas feudos.
Nesta época a economía xiraba en torno o feudo; os servos cultivaban as terras e a cambio dabanlle a maior parte da colleita o señor.
As cidades chamabanselle burgos e especializáronse no comercio e a artesanía. Os artesáns organizábanse en gremios.
A sociedade estaba dividida en grupos:
-Rei
-Nobreza e clero
-campesiños,artesáns e comerciantes.

Na I.M. un nobre podía xurar filedidade a outro con máis poder.
A Idade Media na Europa cristiá caracterízase por unha forte relixiosidade.

viernes, 13 de marzo de 2009

Idade Media

A I.M. comeza coa caida do Imperio Romano no ano 476 (século V) e finaliza co descubrimento de América no ano 1492 (século XV). Este periodo dura aproximadamente 1000 anos.

A Idade Media dividese en duas grandes etapas:



-Alta Idade Media:
que vai dende o século V ó século X.
Nesta etapa destacan as artes románicas, carolinxio e mozárabe.
-O feudalismo era o sistema de organización da economía, agricultura e gandería.
-O poder da monarquía era moi limitado.
-Deus era o centro do mundo.
A cultura vive nos mosteiros; os nobres e os campesiños nos sabían ler.


-Baixa Idade Media:
vai dende o século X ó século XV.
Nesta etapa destacan o arte gótico.
-Volven nacer as cidades; e o comercio súmase a economía.
-Fortalecemento progresivo dos reis.
-Maior interese pola cultura e nacemento das universidades.